Son enfermidades que nos últimos dez anos estanse a converter nun serio problema, sobre todo entre os/as adolescentes, xa que 1% dos adolescentes de entre 14-18 años cae na anorexia e o 2,4% dos mesmos desenrola a bulimia, e no só o sexo feminino xa que tamén os varóns comezaron a padecer estas enfermidades.
Nas últimas dúas décadas, a delgadeza convértese na tarxeta de visita de todos aqueles homes e mulleres que desexan triunfar na vida social e profesional . Os anunciantes presentan modelos xoves anoréxicos e as marcas de roupa deseñan e exhiben para os corpos delgados.
Tamén ten algo de culpa a incorporación da muller ao mundo laboral o que fai que a persoa que sería a responsable da elaboración e horarios das comidas, non estea presente, e moitos adolescentes escapan ao control familiar e acaban tendo unha alimentación irregular. Están desaparecendo entre as familias as horas de sentarse á mesa para xantar ou cenar, así como a san costume de tomar unha merenda. Agora se leva o de abrir a neveira e coller o primeiro que apeteza.
Por outra banda, algúns estudos apuntan a que parte destes problemas se deben a factores como: divorcio dos pais, sobreprotección dos fillos, morte dun familiar, antecedentes familiares de anorexia ou depresión...
A solución deste problema está na concienciación da gravidade destas enfermidades e podería propoñerse a introducción nas escolas dunha asignatura sobre nutrición para que os alumnos/as aprendan cales son as súas necesidades alimenticias e leven sempre un estilo de vida san.
2. Causas da anorexia e bulimia
As causas desta enfermidade son múltiples e difíciles de valorar. Algúns expertos cren que se orixina nas altas demandas da familia e da sociedade. Outros pensan que a anorexia nace a raíz doutro problema: A dependencia dos enfermos das súas familias o que se traduce nun medo a crecer e a ser seres adultos, en especial as nenas, que comezan unha dieta para evitar que os seus corpos se desenrolen. Tamén se sabe que parte do problema se orixina no hipotálamo, unha parte do cerebro que regula o metabolismo. 
As causas da anorexia e da bulimia aínda non están claras, pero se cree que son debidas á interación de 3 tipos de factores:
A/ Factores predispoñentes:
· Individuais: sobrepeso, perfecionismo e autocontrol, medo á maduración, problemas para ser autónomo, baixa autoestima..
· Xenéticos: a existencia en unha familia dun membro con un TCA multiplica entre 2 e 20 veces o riesgo de padecerlo a calquera de sus membros.
· Socioculturais: ideais de delgadez e prexuizos contra a obesidad, certas profesións e deportes, malos hábitos alimentarios, preocupación excesiva dos padres por a figura, conflitos (separación dos pais, historia de depresión e alcoholismo), baja resolución de conflitos, poca comunicación, sobreproteción, rixidez...
B/ Factores precipitantes:
· Pubertade (cambios físicos e psíquicos), dietas restrictivas, exercicio físico excesivo, mala valoración do corpo, insatisfación personal, situación personal estresante, trastornos emocionais, anorexia nerviosa previa (no caso da bulimia).
C/ Factores perpetuantes:
· Valoración negativa da imaxe corporal.
· Presión social.
· Reaparición de situacións estresantes.
Factores perpetuantes na anorexia nerviosa
· Complicacións da desnutrición.
· Aillamento social.
· Medos: comida, peso, figura, certos alimentos, etc
Factores perpetuantes en la bulimia nerviosa
· Ciclo atracónconductas de purga.
· Reaparición da ansiedade. Otras condutas anómalas (abuso de substancias, autolesiones).
3.Síntomas.
- Depresión. Persoas retraídas e a súa máxima preocupación xira en torno á comida.
- Insomnio e hiperactividade.
- Cese da menstruación ou retraso na súa aparición (nenas).
- Pel seca e fría, con vello nos brazos, cara e dorso e posible perda de cabelo.
- Distorsión da imaxe corporal: vense gordas fronte ao espello.
- Estritas regras de alimentación como non tomar líquidos ou non comer sen facer antes exercicio.
- Lento desenrolo físico.
- Abundancia de trampas e mentiras.
- Realización de actividade física intensa.
4. Diferencia entre Anorexia Nerviosa e Bulimia.
Bulimia
Conductas patolóxicas:
Preocupación constante pola comida (peso, calorías, dietas...). Atracóns alimenticios, de forma compulsiva escondendo a comida. Medo a engordar. O enfermo evita ir a restaurantes ou festas e reunións onde se vexa socialmente obrigado a comer. Acude ao lavabo despois de comer. Vó mitos autoprovocados, e abusan de laxantes ou diuréticos. Usan fármacos para adelgazar. Realiza rexímenes rigurosos e ríxidos.
Signos fisiolóxicos:
Inflamación das parótidas. Pequenas rupturas vasculares na cara o baixo os ollos. Irritación crónica da garganta. Fatiga e dores musculares. Inexplicable pérdida de pezas dentales. Oscilacións de peso (5 ó 10 Kg, arriba o abaixo).
Cambio de actitude:
Modificación do carácter (depresión, odio a sí mesmo, tristeza, sensación de descontrol...) Severa autocrítica. Necesidade de recibir a aprobación dos demais respeto a súa persoa. Cambios na autoestima con relación ao peso corporal.
Anorexia
Condutas patolóxicas:
Conducta alimentaria restritiva (poca cantidad de comida) o dietas severas. Rituais coa comida como: contar calorías, descuartizar a comida en trozos pequenos, preparar comida para outros e comer... medo intenso a engordar, loitar por manter o peso por debaixo do normal. Temor a se ver obrigado a comer en sociedade (festas, reunións familiares,...). Hiperatividade (exceso de exercicio). Esconden o corpo debaixo da roupa. Negarse a usar traxe de baño e que vexan seu corpo. En ocasións, atracóns e uso de laxantes ou diuréticos. Abuso de edulcorantes.
Signos fisiolóxicos:
Pérdida progresiva de peso (con frecuencia sucede nun período breve). Falta de menstruación o retraso na súa aparición sen causa fisiolóxica coñecida. Palidez, caída do cabelo, sensación de frío e dedos azulados. Debilidad e mareo.
Cambio de actitude:
Cambio de carácter (irritabilidade, ira). Sentimientos depresivos. Inseguridade en canto a súas capacidades. Sentimientos de culpa e autodesprezo por haber comido o por hacer aiuno. Aillamiento social.
5. Incidencia dos trastornos alimenticios.
Como non existen cifras oficiais sobre estes trastornos, as estatísticas están baseadas en importantes investigacións científicas; algunhas foron recopiladas no ámbito da saúde pública, hospitais e centros médicos, e outros resultaron das pesquisas e iniciativas particulares de organizacións e asociacións que loitan na prevención e mitigación dos trastornos da alimentación.
Ó comparar estas investigacións (de índole global, nacional e local) de diversas fontes e disciplinas, as diferenzas numéricas son evidentes porque sobre as estatísticas que revelan a prevalencia ou o número de persoas afectadas pola anorexia, a bulimia e outros trastornos da alimentación, non existe consenso.
Algunhas se axustan a unha tendencia moi conservadora que foi utilizada por médicos que gustan de diagnósticos claros e inequívocos. Pero estes criterios soamente describen as etapas máis avanzadas da enfermidade.
Outros datos estatísticos axústanse a unha segunda tendencia na cal ao seguir con menos rixidez os factores de diagnóstico teñen en conta toda a gama posible de afectación. Por esta razón os seus datos son máis cuantiosos que os de primeira xa que non pasan por alto aquelas formas máis leves da enfermidade, e ademáis suman os múltiples casos doutros trastornos da alimentación pendentes pola súa definición.
A anorexia é a enfermidade que máis creceu entre os mozos e mozas españoles nos últimos anos. Estes problemas afectan moito máis ás mulleres que aos homes (90% fronte a un 10%).
A Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia detecta que este tipo de trastornos alimentarios rexístranse cada vez máis en mulleres adultas e en nenas. Empezáronse a detectar casos de mulleres que enferman por primeira vez dá anorexia con 20 e 30 anos. O ano pasado, explica a agrupación, o Hospital Clínico de Santiago tratou a unha paciente de só 8 anos.
Galicia conta cunha soa Unidade de Desordes da Alimentación, ubicada no Hospital de Conxo. Este servizo, que segundo Abagal está en” precario”conta con dous psicólogos, dous psiquiatras e tres endocrinos para atender a todos os galegos de máis de 15 anos que sufran estas enfermidades.
O Servizo Galego de Saude indica que a anorexia adoita comezar na adolescencia, entre os 13 e os 19 anos, e empeza, case sempre, cunha dieta “que xa non se detén”, mentres que a bulimia sófrese, normalmente, a partir dos 19 anos. Adoita afectar a persoas para os que o peso foi materia de preocupación na súa infancia ou adolescencia, polo que comen “desmesuradamente” para logo vomitar por unha “culpabilidad que trastorna a súa vida”.
Os datos sobre prevalencia de anorexia e bulimia en España ata o ano 1996 mostraban que os ingresos hospitalarios aumentaron de 86 no periodo 90-91 a 225 en 1996, segundo os datos establecidos polo INSALUD. Destes, o 83,1% son anoréxicos, o 14,7% son bulímicos e o 2,2% restantes corresponden a cadros mixtos. O 92% destes episodios produciuse en mozos de 15 a 29 anos, dos cales o 92,8% eran mulleres. A prevalencia de anorexia nerviosa na poboación feminina da Comunidade de Madrid estimouse en 0,04%en mulleres entre 15 e 24 anos e de 0,025 en mulleres entre 25 e 29 anos. O anterior contrasta cos datos que manexa ADANER para quen a cifra de persoas afectadas con anorexia en España, só no ano 1998, foi ao redor do medio millón, un número moi alto en comparación cos datos oficiais que presentan oitenta mil casos detectados, cincocentos ingresos hospitalarios e máis de cen mortes. Hai que sinalar que entre 1998 e 1999 España situouse como o país europeo con maior incidencia de anorexia e bulimia.
Na actualidade, a prevalencia para a anorexia nerviosa é do 1% e para a bulimia nerviosa dun 3%, cifras que son similares en case todos os países desenvolvidos.
En Estados Unidos, O Centro de Información e Referencia sobre Desordenes da Alimentación, cre que preto de 10 millóns de norteamericanos padecen hoxe en día de desordenes alimentarios (90% mulleres e 10% son homes) mentres que O Centro de Trastornos Alimentarios da Escola Medica de Harvard, estima que o total de afectados é de aproximadamente 5 millóns. O Instituto de Saúde Mental non ten cifras exactas, pero confirma que sexa cal fora o número total de afectados por desordenes da alimentación, entre os afectados por anorexia, 1 de 10 morre finalmente por inanición, suicidio ou complicacións médicas.
Nalgunhas mostras ata o 6% dos mozos que están terminando educación secundaria teñen máis dun síntoma de anorexia nerviosa. As mulleres que desenvolven a súa actividade profesional en actividades que requieren delgadez (bailarinas, modelos) son máis propensas a desenvolver o padecemento. En relación coa bulimia algúns estudos ingleses e americanos sinalan prevalencias do 2 ao 4% nas mulleres novas, tamén con tendencia ao incremento.
Nos últimos estudos a idade de inicio da anorexia é máis baixa; multiplicáronse as nenas que entran neste “inferno” desde os 11 anos. Estas xóvenes xeralmente pertencen a un estrato social medio-alto e alto. Aínda que agora a enfermidade estase estendendo a mulleres de todas as idades, pertencentes a todas as clases
Sociais e grupos raciais. Algúns investigadores admiten que notaron que agora os nenos
están desenvolvendo os trastornos da alimentación en idades cada vez menores, as nenas entre os 5 e 6 anos e os varóns entre os 8 e os 9.
6. Prevención
Os trastornos do comportamento alimentario chegaron a ser unha preocupación de Saúde Pública en todos os países occidentalizados, polo que se suxeriron programas de educación para previr o desenvolvemento destas condutas e promover prácticas saudables de alimentación en nenos e adolescentes. O abordaxe preventivo dos TCA pode ser integrado no esquema tradicionalmente asumido polas ciencias da saúde, de acordo co cal distinguimos os seguintes niveis: - A prevención primaria que está encamiñada a modificar os aspectos do desenvolvemento da enfermidade reducindo a incidencia. É a máis efectiva a longo prazo e a máis difícil de levar a cabo. - A prevención secundaria que facilita as intervencións encamiñadas a reducir o tempo entre a aparición da enfermidade, o diagnóstico e o inicio do tratamento. Pretende evitar a cronicidad e as secuelas, facendo que os custos redúzanse aínda que non intervén sobre a incidencia da enfermidade. -Para rematar a prevención terciaria, que intenta eliminar ou reducir algún dos síntomas ou complicacións graves da enfermidade. É a máis custosa e consome unha gran cantidade de recursos da comunidade, non diminúe a incidencia da enfermidade e supón o fracaso das anteriores. Prevención primaria Coa prevención primaria pretendemos reducir a incidencia do trastorno. É a ideal e ten un efecto sobre o número de afectados. Aínda que non se coñezan con profundidade os factores que desencadean a enfermidade, sabemos que existen algúns que son comúns á maioría das pacientes: - a submisión aos estereotipos culturais -os cambios nos hábitos alimentarios como a redución da dieta, o desexo de estar delgadas con medo á obesidad - a desinformación dietética. Cun programa de prevención primaria abordaremos os aspectos seguintes: Información . Esta información dirixirase en primeiro lugar aos suxeitos de risco e ás súas familias, e en segundo lugar á poboación xeral. Os lugares onde se debe aplicar esta prevención son o fogar, o colexio e a universidade. Os promotores desta política informativa deberían ser os poderes públicos, departamentos de sanidade e de educación, pero por inhibición destes adoitan ser organizacións sociais, nacidas á luz da necesidade, as que adoitan encargarse destas tarefas de sensibilización e información. Para completar a prevención primaria sería desexable por parte das autoridades a vixilancia do negocio da beleza do corpo, como a estandarización das medidas do tallaxe da roupa que en ocasións supón un factor precipitante na adolescencia e un motivo de recaídas en moitos pacientes. Modificación de condutas precursoras da enfermidade A conduta que se debe corrixir con máis frecuencia é a que establece que estas nenas ou adolescentes varíen a dieta por motivos non claramente xustificados ou se inicien en dietas restrictivas, ás costas ou coa anuencia familiar, coa finalidade hipotética de mellorar a súa figura. Os profesionais deben ter en conta estes riscos e vixiar estrechamente aos pacientes aos que se lles denegó unha dieta, que o paciente aducía necesitar por motivos estéticos, para en caso necesario actuar a través do médico de familia como primeiro chanzo da prevención. Identificación dos grupos de risco Estes grupos de risco adoitan ter problemas coa aceptación da súa figura, forma, peso e tamaño, pero só unha minoría cumpre os criterios diagnósticos, polo que é de gran interese detectar de xeito precoz este grupo e traballar específicamente con el. Cunha adecuada información aos familiares e un consello dietético adecuado, evitaríase a aparición do trastorno en moitos casos e noutros será menos intenso, facendo que as expectativas pouco realistas con respecto ao volume e ao aspecto corporal non estean únicamente influídas pola presión comercial dun determinado gusto estético, e intereses do negocio da estética corporal. Acción sobre os estereotipos culturais e o”body business “ Son intervencións encamiñadas a sensibilizar á poboación do risco que conlleva a actual presión cultural dirixida a potenciar os aspectos estéticos. A promoción dunha figura inalcanzable para moitas adolescentes, a vinculación da beleza física co éxito e sobre todo intervir na esixencia dun control sobre o chamado “body business” (negocio da beleza). Educación escolar Os programas de educación alimentaria nas escolas son un bo medio para previr os trastornos da alimentación. Prevención secundaria Este tipo de medidas están encamiñadas a reducir o tempo entre a aparición do trastorno e o inicio do tratamento, facilitándoo ata a aqueles pacientes ou familiares reticentes ao mesmo. Os aspectos a considerar na prevención secundaria inclúen: -diagnóstico e tratamento precoces -tratamentos correctos - dispositivo asistencial eficaz. Prevención terciaria A idea de practicar unha prevención terciaria non foi moi considerada nos trastornos da alimentación. A actuación en prevención terciaria vai encamiñada a: - Reducir as consecuencias do trastorno. -Evitar a aparición de complicaciones. -Tratamento adecuado das complicaciones.
7. Entrevista a una persona que padeció anoréxia.
¿ En que momento decatouse de que padecí anoréxia?Decatábame en moitos momentos iba mal, pero era incapaz de correxirme.
¿Cando comezou todo?Con 17 anos, un día propúxeme deixar de comer para baixar de 62 kilos, a 55.
¿E porque naquel momento?En setembro empezaba na universidade, e temía non gustar polo meu corpo...
¿ E iso para ser máis feliz ti?Para desaparecer. Porque nos rechazamos. A anoréxica ve horroroso o seu corpo, recházao, querría facelo desaparecer...Que pode matar.Antes morta que comer e subir un gramo de peso, sí. De feito, estás xa morta: ¡renuncias a miles de cousas da vida!
¿Ata que punto deixó de comer?Comecei por unha dieta moi severa, guiada por unha endocrina. E baixé dos 60 kilos. A endocrina díxome que a estaba ben así. Pero eu negueime a parar, eu quería chegar aos 55.
¿Que tácticas seguía?Bebía catro litros de auga - ¡ou oito!- para "eliminar toxinas", pasaba cinco horas diarias - ¡ou máis!- no ximnasio..
¿ Que máis facía?Duchabame con auga fría antes de saír de casa, porque pensaba que a quente me "dilataba".
¿ E coa comida?Non comía postre, e finxía sonarme e botaba bocados no kleenex, escondía a comida, e logo a tiraba ou vomitába
¿ Os seus pais sabían todo iso?Estaban moi preocupados. Pero non podían facer nada: unha misma desde dentro dirixe o sou corpo.
¿ A súa saúde non se resistía?Perdín a regla, vomitei sangue, todo iso preocupábame pero non freaba a miñas ideas de seguir adiante con iso.
¿ Cando e como se decatou de que tiña un problema?Un día no ascensor vinme no espello e asusteime. Ese día me vin de verdad. Chamei a un centro especializado e seguín un tratamento
durante 3 anos.
¿ En que consistiu ese tratamento?Traballo en grupo guiado por terapeutas. Aprendes a desenprenderte das comidas: eles dícenche cando tes que comer e como. E así reaprendes a restruturar tu mente en outras cousas que non sexana comida e o corpo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario